Ata pronto!!

Ata aquí chegou a aventura máxica deste 2019. Moitas gracias aos rapaces e rapazas polo seu comportamento impecable, e a súa implicación co proxecto, tanto nestes días coma o resto do curso, en cada ensaio, en cada actuación. Moitas gracias tamén a César e Castro, os nosos conductores favoritos. Un ano máis fixestes un traballo…

O equipo 2019

Preséntovos ao equipo que estivo detrás desta aventura. Atrás quedan nove meses de preparación e nove días de durmir pouco e traballar moito, para que todo saíse o mellor posible. Voltamos cansos pero coas ilusións renovadas para preparar a seguinte aventura. ¿Apúntaste?

Horas previstas de chegada

Xa estamos en Vega de Valcarce. Imos moi ben de tempo. As horas previstas de chegada (aproximadas) son: Palas: 9:00 Touro: 10:15 Santiago: 10:30 A Estrada: 10:30 Laxe: 12:00

Parada en ruta

Viñemos durmindo dende a parada da cea. Agora estamos entre Logroño e Burgos e paramos 45 minutos. Xa non mandaremos mensaxe na parada da noite para non molestarvos. Ás 7, dende Vega de Valcarce, mandaremos os horarios de chegada. Pero xa sabedes que a Palas non chegaremos antes das 9:15. Boa noite.

Ceando!!!

Avisaremos das horas previstas de chegada cando cheguemos a Vega de Valcarce, que será sobre as 7 da mañá. Pero xa vos podemos asegurar que a Palas de Rei (1º destino) chegaremos despois das 9:30, e a Touro e Santiago entre as 10:30 e as 11:00. En canto teñamos mellores aproximacións avisaremos.

Comida incluida 🍔

Repoñendo forzas para seguir. Estaremos no parque ata as 18:30. Máis fotos de Port Aventura na Galería en Fotos 2019 (III) durante o día de hoxe.